
About
Poñemos a ollada en tres empresas do interior de Galicia que teñen os seus produtos a bordo de barcos e a pe de portos. Industrias Guerra, Gruas Fuerte e Hermanos Toimil están radicadas na comarca do Deza e fabrican guindastres. Entrevistamos a Álvaro Roura, director de Optolarvae, filial de I+D+I do grupo Profand. Cóntanos en que consiste a súa investigación sobre cultivo larvario para desenvolver unha acuicultura rexenerativa. Alberto Ordóñez explícanos nunha reportaxe cales son as expectativas da campaña da sardiña. Presentámoslles a Ramón Patiño, Choiño, un percebeiro que acadou sona en Tik Tok. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, introdúcenos no mundo dos animais acuáticos que xeran electricidade.