Skip to content
zeno
Create a Station
Explore
Podcasts
Audiobooks
Bible
By Genre
By Location
By Language
Religious
Music
News
Download App
Opens in a new window
Toggle Sidebar
zeno
AGalegaAudio
Todos os podcast | Mar de ardora
Nature
Galician
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.
Website
Episodes
Episodes
128
07 November 2026
Mar de Ardora 07-11-2026
O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo cumpre 75 anos.Primero paso en Bruxelas para o rexistro do palangre Pedra-Bola separado doutras artes de pesca máis agresivas. Prezos máximos históricos na lonxa de Noia pola escaseza de berberecho pola mortandade masiva. Primeira experiencia de turismo mariñeiro no Golfo Ártabro por parte da Confraría de Pescadores de Sada.
59 min
31 October 2026
Mar de Ardora 31-10-2026
XXX edición das Xornadas Técnicas de Pesca de Celeiro. Resultados da costeira do bonito. O noso colaborador Javier García Galdo presenta o seu novo libro "Un mar de curiosidades". Turismo mariñeiro en Malpica.
1 h 0 min
24 October 2026
Mar de Ardora 24-10-2026
Unha visita a Conxemar. Iniciativas para a recuperación de mexilla e mexillón con redes atuneiras torsionadas en estruturas "longline", Coñecemos o programa "Viva Ferrol" que estuda os fondos da ría e as opcións para recuperar os bancos marisqueiros.
1 h 0 min
17 October 2026
Mar de Ardora 17-10-2026
Comeza a campaña nas zonas de libre marisqueo da Ría de Arousa. Entrevsta con Antonio Figueras, do Instituto de Investigacións Mariñas.O proxecto Bivalfood investiga a alimentación dos bivalvos. O mariscador Santi Pérez encabeza un proxecto familiar para darlle valor engadido á súa produción. Turismo mariñeiro na ría de Muros e Noia. Coñecemos a historia do mural artístico da confraría de Burela.
57 min
10 October 2026
Mar de Ardora 10-10-2026
Arranca a campaña marisqueira en Noia. O Servizo de Gardacostas de Galicia na loita contra o furtivismo no marisqueo. Impulsan desde el Centro de Investigacións Mariñas un proxecto que desenvolve novos suplementos alimentarios para mellorar o benestar dos peixes no cultivo. Cambios na normativa de arrastre a partir do ano 2028.
1 h 1 min
03 October 2026
Mar de Ardora 03-10-2026
Comeza en Vigo unha nova edición de Conxemar. Visitamos Carril para coñecer a historia das conservas "Os Peperetes". A campaña da ameixa rubia na ría de Arousa. Os puntos limpos mariños de Oia.
59 min
26 September 2026
Mar de Ardora 26-09-2026
Os efectos da alta temperatura do mar nos ecosistemas galegos. Consellos para os problemas asociados ao marisqueo a pé. O problema da remuda xeracional na pesca e os cambios no sector fareiro.
1 h 0 min
19 September 2026
Mar de Ardora 19-09-2026
Novas medidas contra a sinistralidade no mar. Novo proxecto de acuicultura rexenerativa. A tradición da carpinteiría de ribeira.
1 h 0 min
12 September 2026
Mar de Ardora 12-09-2026
Coñeceremos como se sementan os bancos marisqueiros para favorecer a súa recuperación, analizaremos a preocupación da frota do cerco pola escaseza da cota de sardiña e descubriremos dez razóns científicas para consumir peixe habitualmente. Ademais, abordaremos os efectos do quecemento das augas sobre especies como o polbo e coñeceremos o traballo do CETMAR para transformar o sargazo, un grave...
1 h 0 min
27 June 2026
Mar de Ardora 27-6-2026
Proximamente sairá do prelo o libro "Un mar de curiosidades", unha obra que ten o seu cerne na colaboración do biólogo Javier García Galdo neste programa. A zamburiña está desaparecendo do banco natural que se explota na ría de Ferrol. Contámoslles como o Insttuto de Investigacións Mariñas está buscando as razóns. Falamos do proxecto Hippo-REF, que procura crear no porto de Vigo un refuxio para...
53 min