Mar de ardora 16-03-2026
16 March 2026

Mar de ardora 16-03-2026

Todos os podcast | Mar de ardora

About
Contámoslles en que consiste o Proxecto Volaria, unha iniciativa do Instituto Oceanográfico de Vigo que pretende estudar a contaminación que afecta á volandeira na ría e comprobar como se podería volver capturar sen risco para a saúde nin para a reproducción deste bivalvo. A profesora de Lingua e Literatura do IES Illa de Arousa, Elena Martínez, e o patrón Maior da Illa, Juan Rial, fálannos dos nomes e características das 80 praias da illa rcollidas nunha Guía que se acaba de publicar. Alberto Ordóñez amósanos a cara e a cruz dos temporais do inverno: a abundancia de lamprea no Ulla e a mortandade de ameixa en Carril. Coñecemos o traballo dun vendedor ambulante de peixe en Ourense, Antonio Otero. Debullamos o labor que desenvolve en Ribeira a asociacion Amicos para recuperar os corais capturados accidentalmente polos pesqueiros e o noso biólogo de cabeceira Xabier García Galdo explícanos que é a "pesca pantasma".