
About
Francisco Fernández, da Organización de Produtores de Pesca de Marín, preséntanos Fishing Lab, un laboratorio de ideas que ten como obxectivo impulsar solucións innovadoras para o sector pesqueiro galego, aunando coñecemento, tecnoloxías e empresas ou centros de innovación. David Fernández explicaranos como se tentan recuperar os bosques mariños de laminarias na ría de Arousa. Coñecemos a Elena Martínez, unha galega que creou na República Dominicana unha empresa que recolle sargazo para convertelo en fertilizante. Alberto Ordóñez visita a Escola Náutico Pesqueira de Ferrol para ver como se preparan os futuros mariñeiros para afrontar situacións de risco a bordo. Comprobamos como se volve capturar vieira na ría de Vigo despois dunha década. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, fálanos das ilusións ópticas no mar.