zeno
Create a Station
Explore
Religious
Music
News
Podcasts
Bible
By Genre
By Location
By Language
Download App
Toggle Sidebar
zeno
AGalegaAudio
Todos os podcast | Mar de ardora
Nature
Galician
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.
Website
Episodes
103
16 March 2026
Mar de ardora 16-03-2026
Contámoslles en que consiste o Proxecto Volaria, unha iniciativa do Instituto Oceanográfico de Vigo que pretende estudar a contaminación que afecta á volandeira na ría e comprobar como se podería volver capturar sen risco para a saúde nin para a reproducción deste bivalvo. A profesora de Lingua e Literatura do IES Illa de Arousa, Elena Martínez, e o patrón Maior da Illa, Juan Rial, fálannos dos...
56 min
09 March 2026
Mar de ardora 09-03-2026
Está a anguía en perigo de extinción nos nosos rios? O goberno español, científicos e organizacións ecoloxistas pensan que si e propoñen que se deixen de capturar. O goberno da Xunta e os pescadores opóñense. Recollemos os argumentos duns e doutros. Explicamos o proxecto Maja, unha iniciativa da Universidade de Vigo que conseguiu pechar o ciclo completo da cria da centola en catividade. Coa axuda...
56 min
02 March 2026
Mar de ardora 02-03-2026
Había trinta anos que non se vendía tan pouco peixe nas lonxas galegas. É a consecuencia do tren de borrascas que nos sacudiu este inverno. David Fernández percorreu os portos para pulsar o estado de ánimo do sector. Entrevistamos a Xavier Pérez Cobas, autor dun informe que estima en 850 millóns de euros o valor que xera cada ano a frota galega de palangre de superficie. Tamén coñecemos un estudo...
56 min
23 February 2026
Mar de ardora 23-02-2026
Comezamos o programa falando dos danos que os continuos temporais deste inverno están causando nos bancos marisqueiros das rías. Abordamos a polémica xerada en torno á proposta do goberno de declarar a anguía especie en perigo de extinción. David Fernández fai balance da pasada campaña do polbo e pregúntalle ao sector como garantir a sustentabilidade da pesquería. Unha reportaxe de Alberto...
56 min
16 February 2026
Mar de ardora 16-02-2026
Neste programa falamos co investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Luis Taboada, sobre dous proxectos nos que traballa: o primeiro, o aproveitamento de restos de pesca e especies sen valor comercial para producir oleoxeles; o outro, establecer pautas para a explotación sustentable do ourizo de mar. Alberto Ordóñez trasládanos o grave problema da crecente contaminación das...
56 min
09 February 2026
Mar de ardora 09-02-2026
Neste programa abordamos a polémica xurdida tralo anuncio do goberno de que se incluirá a anguía entre as especies en perigo de extinción. Conversamos sobre a situación deste peixe nas nosas augas co edafólogo Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. En Galicia houbo tempos nos que se fabricaban motores para barcos. Albertyo Ordóñez lémbranos nunha reportaxe aos...
56 min
02 February 2026
Mar de ardora 02-02-2026
O sector da baixura conseguiu que o Ministerio de Pesca suspendera a aplicación das medidas máis lesivas do Regulamento Europeo de Control da Pesca. Sen embargo, os mariñeiros seguen pendentes da decisión final da Comisión Europea. Imos coñecer o seu punto de vista sobre esta polémica. Entrevistamos a Francisco López Valladares, presidente do Consello Regulador de Acuicultura Ecolóxica de...
56 min
26 January 2026
Mar de ardora 26-01-2026
Neste programa coñecemos como foron as vendas nas lonxas galegas en 2025. Falamos de Redecos, unha rede de sondas en augas pouco profundas para controlar as condicións das augas. Alberto Ordóñez cóntanos nunha reportaxe como evolucionaron os faros galegos. Visitamos en Vimianzo un muiño de marea construido hai maís de 300 anos e en Moaña duas carpinterías de ribeira reconvertidas en museo.
56 min
19 January 2026
Mar de ardora 19-01-2026
Neste programa Alberto Ordóñez acode a unha granxa de rodaballo para explicarnos o proceso de cría deste peixe plano. David Fernández cóntanos como se recolle e comercializan as algas en Galicia e resúmenos o ocorrido no Foroacui, o Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas que se desenvolve en outubro pasado no Grove.
56 min
05 January 2026
Mar de ardora 05-01-2026
56 min