
About
Falamos con Toni Docampo, un dos propietarios dunha granxa dedicada á cría de alpacas en Vilalba. Rocío del Río preséntanos a nova imaxe de marca da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. As adegas galegas lánzanse a producir viño sen alcohol. Os enólogos de Viña Costeira, Manuel Castro, e de Paco y Lola, Nuria de la Torre, cóntannos como se elabora. Acudimos á Festa de Exaltación do Viño da Ulla. Manuel Cruz resúmenos o que se debateu no Foro Empresarial Lacteo que se desenvolveu en Coristanco e dinos quen recibiu os premios Semente, que recoñecen o traballo das persoas e entidades relacionadas co campo na Limia