About
Neste programa analizaremos a proliferación dos xabarís, os danos que provocan nos cultivos e as medidas para controlar a súa poboación. Coñeceremos tamén as accións preventivas fronte á dermatose nodular contaxiosa e un innovador sistema de sensores para optimizar o uso do xurro como fertilizante. Ademais, faremos balance da vendima máis madrugadora da historia na Ribeira Sacra e descubriremos un vinagre artesanal elaborado con viños galegos, uvas pasas e pementos de Padrón.