About
O blues e o soul son os protagonistas desta edición de Sons de Nós, instrumentos poderosos e voces suxerentes enchen o noso estudio da man de Allo Negro, unha proposta musical que nace en Pontevedra a finais do pasado ano 2024.
Allo Negro nace das inquedanzas musicais de oito músicos con moitas ganas de facer blues e o soul en galego. O seu xermolo de Allo Negro atópase noutra banda chamada Mulberry Blues, da que algúns formaban parte e que nace coa idea de fusionar o blues e o soul coa sonoridade da lingua galega.
Allo Negro son Isa Pérez (voz), Ernesto de Gregorio (guitarra), Javier Prado (guitarra), Jorge Arenaz (baixo), Ramón Neira (batería), Alexander Glen (saxo), Arturo Caramés (saxo) e Pablo Romero (trompeta). Solvencia musical porque todos teñen participado en moitos proxectos musicais ben coñecidos, dende Cadelo Lunático a The Shoubiñas Experience. Beben da música negra dos anos 40, 50 e 60 pero as letras falan de temáticas propias, con fondo social tamén.
A nominación aos Martín Códax deste ano foi para eles unha máis que agradábel sorpresa para unha formación tan nova como a súa, recoñecida xa polos propios compañeiros. Pero o meirande recoñecemento é o da xente que vai aos concertos e vese recoñecida tanto co tipo de música como que as letras en galego identifican a quen escoita.
No seu paso polo programa tiveron a ben agasallarnos cunha estrea, este “Arde a queimada” que será o seu novo sinxelo, o disco, seguramente a principios de ano, entre tanto un groliño desta queimada preparada por Allo Negro.