About
Este é o caso da Banda de Gaitas Tradicional «Airiños de Fene”. A banda nace no ano 1987 e dende os seus inicios ten como obxectivo a recuperación, transmisión e difusión da nosa música, canto, baile e a nosa vestimenta tradicional.
Ademais de este enorme traballo de transmisión da nosa música teñen asumido a labor de darlle visibilidade a o que está a facerse polo noso territorio, poñendo en marcha, no ano 1989, unha xuntanza de Gaitrie@s que ten homenaxeado ao máis selecto do panorama musical galego. Unha Xornada que este ano 2025 cumpre 37 edicións.
Nestes 37 anos de Xuntanzas moitas o mellor da música galega ten pasado polos distintos escenarios nos que se ten celebrado, dende aqueles Perelas, os Nenos do Eume naquelas primeiras edicións, a Milladoiro, Leilía, Treixadura, Xabier Díaz, ou Luar na Lubre na convocatoria do pasado ano. Unha convocatoria que ademais require da complicidade de moitos outros grupos e entidades que non dubidan en participar e apoiar a proposta.
Este ano a Xuntanza honra a unha muller innovadora e tradicional ao tempo, Mercedes Peón, unha homenaxeada que pecha un ano moi especial para as mulleres que beben e traballan da nosa música tradicional. Un ano no que se recoñece o traballo das mulleres na conservación da cultura popular, a figura de Mercedes é máis que merecida.
No escenario de Agarimo de Sillobre acompañarán a Mercedes Peón as Xirifeiras e Xerfa, as agrupacións de cantareiras coas que conta Airiños de Fene, a Banda de Gaitas e a complicidade será a das Pandeireteiras AC Raigañas. Ana Fernández, que forma parte da Asociación Somos Pandeireteiras, será a condutora do acto.
Falamos, neste episodio de Sons de Nós, con Fernando Cunha, secretario da entidade e con Miguel Doval, o director musical de Airiños de Fene, para coñecer un pouco máis a historia desta 37º Xuntanza de Gaiteir@s que terá lugar o sábado 22 de novembro a partir das 19,30h na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre.