About
Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1508. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera, Radio Neira e Radio Crónica Folk Musical) entre o 22 e o 28 de outubro.
O dúo formado polo saxofonista Mats Guftansson e o acordeonista Kimmo Pohjonen vén de asinar un dos discos máis irreverentes do ano “Two Balls are Enough” (Trost Records). Este é o noso disco destacado da semana. Seguindo esta liña de jazz europeo de vangarda, estréovos os novos discos de Echoes of Zoo, Louhivuori / Lønning / Myhr e Goran Kajfeš Subtropic Arkestra & Amanda Werne. Pechamos o programa co último traballo do contrabaixista e compositor arxentino Santiago Lamisovski. Leva por título “Perel”, e tédelo xa nas tendas a través do selo suízo Hat Hut Records.