About
Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1504. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 24 e o 26 de setembro.
Os finlandeses Elifantree son, por méritos propios, unha das bandas de jazz máis indómitas do panorama musical nórdico. Veñen de publicar “Florescence”, disco de inspiración plural e grandes acertos creativos. Abrimos con eles o programa desta semana. Estréovos a seguir, en clave jazzística, os novos proxectos de Maria Mendes, Jemba Groove e Echos of Zoo. A Orchestra Mambo International co seu primeiro disco porá o contrapunto antes de entrar na recta final do programa, que adicamos a dúas novidades do selo WeJazz. A primeira, o primeiro disco a dúo de Patrick Shiroishi e Jason Nazary. O segundo, o disco gravado ao vivo en Italia por Jonah Parzen-Johnson e Lau Nau.