Skip to content
Opens in a new window
Programa1502
12 September 2026

Programa1502

Podcast de Corcovadomusica

About
Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1502. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 10 e o 16 de setembro.

No primeiro bloque centramos a nosa atención en diferentes proxectos publicados por Real World Records. Escoitamos os novos discos de Arun Sood & Angeline Morrison e de Bob Holroyd & Simon Painter. Os primeiros recodifican en clave experimental o folclore das illas Hébridas. Os segundos achéganse ao mundo da música instrumental contemporánea cun disco que nace da dor como vehículo da catarse emocional. A seguir, soan os novos sinxelos de Sheila Chandra, Sulaf e Pcha. O disco de Chandra é especialmente significativo, posto que funciona como peche á súa traxectoria artística —Chandra tivo que deixar a música no ano 2009 debido á glosodinia, doenza que mesmo lle impide falar sen padecer dor—. Completaremos o programa co último disco da cantora alxeriana Souad Massi e cun par de pezas extraídas de “Futurebrass”, o novo traballo dos neerlandeses Gallowstreet. Terédelo nas tendas o vindeiro 16 de outubro.