Noticias 13.30 h | Venres, 29 de maio de 2026
29 May 2026

Noticias 13.30 h | Venres, 29 de maio de 2026

Informativos

About
Neste venres, 29 de maio, estes son os principais titulares de Noticias 13.30 h:
- A corporación municipal de Tui aprobou por unanimidade habilitar máis de 469 mil euros para expropiar sete parcelas para a ampliación do CEIP nº1. No mesmo expediente figura unha parta de 63 mil euros para ampliar a excavación arqueolóxica na praza do Pracer
- Por acordo unánime foron aprobados tamén outros expedientes de crédito para para facer fronte a aportación municipal no Obradoiro Dual de Emprego Senda e para pagar as horas extras do persoal municipal realizadas na última quincena do mes de decembro.
- Cos votos a favor do PSOE, BNG e concelleiro non adscrito, e abstención do PP aprobouse un expediente 98.396,06€ facer fronte á achega municipal para o proxecto Unicidade 2030, Mercado Excelentes, e achegas á Entidade Local Menor de Pazos de Reis
- Quedou sobre a mesa onte no pleno o expediente para habilitar crédito para pagar facturas pendentes de 2024 e 2025
- As xornadas do Siñor Afranio continua coa proxección dun documental, un tunel dos viños e concerto de Víctor Coyote, Pablo Novoa e Pancho Álvarez
- Agasallos e degustación gastronómica para celebrar mañá sábado o Día do Mercado no Mercado de San Antonio
- A Catedral de Tui acolle hoxe venres ás 20.30 h o concerto Escena Sacra: Música, Corpo e Imaxe
- II Busca do Tesouro de Clásicos, Ruta Mototurística do Meixón, Andaina, gastronomía e música en Paramos, e Festa dos Callos e Bingo en Rebordáns, entre gas citas para a fin de semana en Tui
- Deportes