Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de febreiro de 2026
18 February 2026

Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de febreiro de 2026

Informativos

About
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste mércores, 18 de febreiro de 2026:
- Por labores de pintado mañá non se poderá estacionar en varios tramos da rúa Maristas
- O Concello de Tui solicitou ante os organismos competentes a declaración de ilexitimidade e nulidade dos xuízos e sancións ditados por motivos políticos, ideolóxicos, ou de conciencia durante a ditadura a 137 persoas naturais de Tui
- A Consellería de Educación sinala sobre a reforma integral do CEIP de Pazos de Reis que “a Xunta reitera o seu compromiso con esta intervención, que figura na programación do Plan de nova arquitectura pedagóxica 2025-2028”
- A execución do tramo da AG-42 entre o parque empresarial de Areas e a Po-350 avanza a bo ritmo segundo os deputados populares Moisés Rodríguez e Julio García Comesaña que visitaron as obras
- A compañía Amarelo presenta este venres "O Arcón de Noa" no Teatro Municipal de Tui
- Hoxe é festivo local en Valença, que celebra a festividade de San Teotonio
- ...