Ent. Eva Mª Estévez, profesora do CIFP Audiovisual - Concerto scena Sacra: Música, Corpo e Imaxe
29 May 2026

Ent. Eva Mª Estévez, profesora do CIFP Audiovisual - Concerto scena Sacra: Música, Corpo e Imaxe

Informativos

About
A Catedral de Tui acollerá hoxe venres, ás 20.30 h, o concerto Escena Sacra: Música, Corpo e Imaxe. Trátase dunha proposta escénica que integra música, danza e imaxe nunha experiencia sensorial completa. Este concerto é unha iniciativa do Conservatorio Superior de Música de Vigo, ESADg e CIFP Audiovisual de Vigo, que producen unha obra de forma colaborativa coa implicación do seu alumnado e profesorado.

Así nolo contou hoxe Eva Mª Estévez, profesora de Producción de Eventos e Espectáculos do CIFP Audiovisual. Súmanse así á celebración dos 800 anos da consagración da Catedral tudense.