Especial SORTEO Galiza Metálica Matarifest
28 February 2026

Especial SORTEO Galiza Metálica Matarifest

Galiza Metálica

About
ESPECIAL GALIZA METÁLICA

no S.O.S. Metal Radio Show

Con Patty Castro e Filipe Marta

Desguazed, organizadores do Matarifest xunto á A.C. O Naranxo de Lalín, presentan a primeira edición do festival e falan en primeira persoa da súa traxectoria como banda, da alianza coa asociación, de como nace a idea de crear un evento de metal extremo no corazón da Galiza e do que imos vivir nesta estrea

Durante o especial tamén analizan o cartel e explican que representa cada banda dentro desta primeira edición

⚫ ANZV achega o black metal desde Porto cunha atmosfera escura e profunda
⚙ INERTH suma a contundencia do sludge death industrial desde Madrid
SCHWARZENEGGER representa a forza extrema desde Ferrol cunha identidade moi marcada
MONDO PODRE leva o tech grind/death galego ao límite da velocidade e da técnica
E Desguazed asume o dobre papel de banda e motor organizador desta primeira convocatoria

Soan temas de todas elas ao longo do programa

MATARIFEST – 1ª EDICIÓN

Centro Social de Donramiro – Lalín
7 de marzo
Apertura de portas 19:30

SORTEO GALIZA METÁLICA

2 entradas para o festival
Participa no post do sorteo en @galizametalica