28 October 2025
Galiportus T3X02 / Protagonistas- Brais Lorenzo e a denuncia gráfica dos incendios
GALIPORTUS
About
O verán de 2025 non foi un calquera en canto aos incendios forestais. No mes de agosto, vimos e sofremos como o lume devoraba millares de hectareas perante a impotencia e o desespero das persoas de moitísimas aldeas. Coa inacción política, as cifras oficiais da Xunta, no lado galego, fala de máis de 100 mil Ha; pola contra, o satélite Copernicus avanza para as máis de 200 mil Ha (o 10% da provincia de Ourense !!) O incendio do Larouco xa é o maior da historia, por riba das 30 mil Ha, e arderon zonas de especial interese como Trevinca, Courel ou Invernadeiro. Do lado portugués, os números sinalan tamén máis de 200 mil Ha, coas zonas de Aveiro ou Viseu arrasadas, a xoia do Gerês novamente queimada e o de Arganil, por riba das 60 mil Ha, representando xa un dos máis grandes nunca antes rexistrados.
Para falarmos deses tráxicos días, chega á radio Brais Lorenzo, fotoxornalista galego e que leva 15 anos capturando as imaxes do fogo, pondo cara á xente que sufre no rural cunha realidade durísima, en medio do abandono e a despoboación (o seu proxecto "Habitar o baleiro") Do lado minhoto, fálanos da súa experiencia o Comandante dos Bombeiros Voluntarios de Ponte da Barca, Carlos Veloso. A música, non podía ser outra: "Arde Galicia", dos Resentidos.
Hai esperanza despois de tanta destrución?