26 August 2025
Altri, 2025. O traballo da Plataforma "Ulloa Viva" - Galiportus (actualidade) T2 X 46
GALIPORTUS
About
Xa tiñamos moita gana de falar novamente de Altri, esa macrofactoria portuguesa de celulosa que se quere instalar no centro xeográfico galego e que está a xerar tanta animadversión nos últimos anos, logo da "vía libre" que a a Xunta de Galiza lle deu ao proxecto. Recibimos á nova voceira da Plataforma "Ulloa Viva", Patricia Coucheiro, que nos conta todo acerca do traballo da plataforma, un movemento social "que trascende con moito a propia comarca", como Patricia nos comenta. Comentamos ese tecido social, analizamos o último ano e medio desa loita "na que todas temos que estar xuntas" e a estratexia actual da empresa Altri, nun momento en que o proxecto "Gama" ameaza con emprender ese camiño final cara a súa implantación, co "ok" da Xunta.
Ao teléfono, aténdenos o alcalde de Santiso, Manuel Adán, co cal tamén falamos sobre o panorama e eses medos perante unha "agresión ao medio ambiente e vida das xentes". Finalmente, e antes de escoitarmos a música de Ruxe Ruxe ("Altri Non"), lemos unha entrevista de Paulo Constantino, da ProTejo. Haberá futuro verde para o corazón verde galego?