Solidariedade galaico-portuguesa coa Palestina / Galiportus T3X19 (Actualidade)
08 May 2026

Solidariedade galaico-portuguesa coa Palestina / Galiportus T3X19 (Actualidade)

Galiportus

About
Xa levabamos tempo atrás deste episodio... Hoxe falamos do tremendo xenocidio que está a acontecer na Palestina, baixo o punto de vista de dúas obras literarias, arriba e abaixo do Minho (e do activismo que hai arredor delas) Son "Cantos de dor e liberdade" (VV. AA) e "Genocídio em Terra Santa" (J. Goulão) Non podemos contar finalmente co autor portugués, mais si que conseguimos conversar co Xoán Gabeiras, organizador da edición do libro de poesía (Cantos de dor e liberdade), habitual colaborador na visibilización da obra e membro da asociación "Galiza por Palestina". Xoán cóntanos o inmenso impulso que existe atrás da causa, o que supón unha obra deste tipo, e como contaremos o mañá nestes tempos de destrución... Pola súa banda, facémoslle unhas preguntas tamén a Lois Diéguez, escritor que participa nas presentacións deste fantástico proxecto literario e colaborativo, de denuncia social.
A música final, dos Dakidarria: "Terra".