O II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) / GLP T3X16 (Actualidade)
24 March 2026

O II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) / GLP T3X16 (Actualidade)

Galiportus

About
Neste mes de marzo do 2026 celebrouse en Santiago de Compostela o II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural, que reuniu a investigadores, empresas e institucións dos dous territorios. O obxectivo é reforzar a cooperación entre a Galiza e Portugal, no desenvolvemento de tecnoloxías da linguaxe e intelixencia artificial (IA), e dentro da estratexia "atlántica" peninsular na hora de crear un polo de referencia na IA aplicada ao galego/portugués. Para entendermos todo, conversamos con Senen Barro, catedrático en ciencias da computación e IA e director do CITIUS da USC (Univ. Santiago Compostela); e Paulo Quaresma, catedrático de informático da Univ. Évora. Como encaixar estes modelos, que nos poidan aproximar, lonxe dos métodos anglosaxóns, e as variantes da lingua común? Que temática tan interesante! A música final, a Regueifa Maldita de De Ninghures e Galician Army.