
31 March 2026
MJ Pérez a luso-galaica: madurez, proxectos e... novo álbum, "Je tiens bon" / GLP T3X17 (Protagonistas)
Galiportus
About
Logo de máis de 2 anos daquel episodio que fixéramos con ela e coas "Crua" (Músicas Cruzadas, Cap.11), volta ao noso programa a MJ Pérez, artista e comunicadora galega (de Arzúa) e portuguesa (boa parte da súa familia é do Norte) Unha persoa polifacética, con podcast ("Canto conto"), programa na Radio Galega ("De lá para cá", sobre as novidades da música portuguesa) e nova nominación aos premios Aritmar 2025 polo seu "Perdín a memoria". Neste 2026, publicou o seu último traballo, "Je tiens bon", no que reflicte sobre a vida, a madurez e a resiliencia, en versión multilingüe. Ouvimos o seu "E non me ves", "Samba para Milene" ou "Ouais, ouais", alén de lembrarnos da súa canción máis escoitada nas plataformas, "Barco á deriva", de 2024. Sempre un luxo falar coa MJ, claro que tamén de cuestións galaico-portuguesas!