
About
Nortear chega á súa 12ª edición, e tampouco podía faltar no Galiportus. Estamos perante unha iniciativa única emanada da AECT Galiza-Norte de Portugal, en colaboración coa Xunta de Galiza e a CCDR-N portuguesa(Comissão de coordenação e desenvolvimento regional do Norte), a partir dos fondos europeos da INTERREG Es-Pt. En conxunto, trátase dun "intercambio cultural que busca promover a aparición de novos escritores e creadoras, incentivar a creación literaria e artística de obras inéditas ou estimular as redes e dinámicas entre os tecidos culturais de ambas rexións". Falamos de todo isto cos protagonistas; André Rgues (de Paredes de Coura, traballando para a AECT en Vigo), coordenador de proxectos europeos e xestor do proxecto; e Pedro Rguez Villar (de Nigrán), xornalista, guionista e escritor premiado no Nortear 2021 polo seu "O amor das pedras". Unha marabilla, en definitiva, conversarmos con eles sobre as necesidades de máis "Nortear", nesta busca constante para que a literatura, a música ou a cultura penetren e se dilúan como propias a un e outro lado do Minho.
Todo está preparado para que escritores de entre 16 e 36 anos preparen as súas obras até finais de xuño... e en setembro saberemos dos gañadores desta edición de 2026!
A música final, da "Banda da Loba" (O peso do peito)
Todo está preparado para que escritores de entre 16 e 36 anos preparen as súas obras até finais de xuño... e en setembro saberemos dos gañadores desta edición de 2026!
A música final, da "Banda da Loba" (O peso do peito)