Cruas e Crua, roda a vida / Galiportus T3X18 (Protagonistas)
10 April 2026

Cruas e Crua, roda a vida / Galiportus T3X18 (Protagonistas)

Galiportus

About
Nova versión musical do noso Galiportus. Desta vez, dous grupos de mulleres que buscan redefinir e explorar novos estilos dentro da música tradicional. Dunha parte, as Crua do Porto, en constante reinvención. Xa estiveran hai máis de dous anos no noso programa, daquela vez coa Mj Pérez. Unhas mulleres que teñen o adufe por bandeira, e que continúan dando moita guerra. Doutra, as Cruas galegas, un dueto que incorpora poemario e piano a partes iguais. Dous xeitos de cantarlle á vida, co folk no corazón... Falamos coa Rita, Liliana, Inês, Alba e Iria sobre momento actual da música tradicional, dos seus proxectos, de como é tocar e sentir a un e outro lado do Minho, de feminismo... e moito máis! Unha conversa moi interesante, aderezada coas súas músicas: "Canção beiroa", das Crua e "Fiandeira", das Cruas e Gabri Reboredo. Que nomes tan indénticos e... que boas!