
About
A terceira temporada do Galiportus chega á súa fin cunha entrevista de actualidade sobre medio ambiente. Falamos coa Miriam Sanchez sobre a posíbel instalación dunha fábrica de Biogás no concello coruñés (Gz) da Laracha. Ela é a representante da plataforma "Stop Biogás", que loita por que a industria finalmente non se instale na súa comarca, e acabe por impactar nas augas do Rio Anllons, e influenciar negativamente no día a día das súas xentes. Miriam explica que é isto do biogás, cales os movementos que realizou a empresa, que consecuencias podería ter a instalación desa fábrica ou cales as demonstracións de apoio recibidas. A música final, do Sonoro Maxin: "Dou mil voltas".
Até a próxima temporada!!
Até a próxima temporada!!