
30 May 2026
O Cancioneiro Galego-Portugués (Ponte nas Ondas 2026) / Galiportus T3X20 (Actualidade)
Galiportus
About
Hoxe celebramos novamente o evento que comezou hai 31 anos unindo voces escolares a un e outro lado do Minho e que simboliza como poucos a raia e a cultura galaico-portuguesa. Falamos da iniciativa de "Ponte nas Ondas", que candidatou a oralidade común a patrimonio inmaterial da UNESCO. E facémolo mediante o "Cancioneiro Galego-Portugués", unha obra literaria que é máis que unha escolma de cantigas, sendo catalogada como "unha viaxe no tempo", "unha voz que chega dende a Gallaecia romana até o momento actual". Unha recollida de cantigas que atende ás variantes galegas e portuguesas mais que olla para a raíz e para o patrimonio común, e que anima a cantar e a commemorar un abrazo de séculos. Unha historia colectiva, certamente. Elaboraron esta grande obra colectiva no 2025 Domingo Blanco (Gz) e Carlos Nogueira (Pt), e entrevistamos aos seus autores, que nos contan todo o que hai atrás do proxecto. A música do final, un clásico da oralidade: "Laurindinha". E ti, aínda non te "puxeches nas ondas"?