Opens in a new window
No II Festival do Podcast galego de Fene / Galiportus T3X21 (Actualidade)
26 June 2026

No II Festival do Podcast galego de Fene / Galiportus T3X21 (Actualidade)

Galiportus

About
Hoxe falamos de podcast, e de radio local. Aproveitamos a nosa participación na II edición no Festival do Podcast de Galiza realizado en Fene para analizarmos todo o que hai ao redor destas novas maneiras de comunicar audio "á carta", e facelo en galego. Conversamos co Henrique San Fiz, secretario xeral da EMUGA (emisoras municipais galegas) e director de Radio Fene. Así mesmo, é un pracer contar no noso espazo co Pepe Cunha, director do "Ábrete de orellas", programa de radio independente, toda unha referencia dende hai anos no que respecta á difusión das novidades de música en galego. Pepe recibiu premio á traxectoria. Por último, chegan ao Galiportus algúns dos premiados neste festival: Joaquin Enríquez, creador e apresentador do magacín cultural "Sábados no cruceiro". E tamén había que contar coa xenial Nuria López, coa que xa fixéramos un especial sobre memoria democrática, represión franquista e Raia. Nuria volve explicarnos que é iso da "Ferida Aberta do 36", premio ao mellor podcast galego neste 2026. Non era para menos. Parabéns! A música do final, de Davide Salvado e Abe Rábade: "Breixo". Viva o podcast galego!!