
About
O campo e monte móvense, a pesar de que poidamos pensar o contrario. Logo de décadas de desuso dos traballos milenarios no agro ou no forestal, apoiadas tradicionalmente en animais de carga e de forza (burros, vacas, cabalos...) e substituídas por máquinas (o tractor), algunhas cousas están mudando a norte e sur do Minho. Falamos da "tracción animal", reconfigurada hoxe para espazos e servizos que buscan o sustentable, como as viñas, as sacas do monte, restauracións de ecosistemas autóctonos ou mesmo actividades de ecoturismo. E para isto chega aos nosos estudios Bernardo Carreiro, veciño de Ramirás (Ourense-Gz), e prestador de servizos de tracción animal, socio da Agatran (Asociación Galega de Tracción Animal) Axúdanos na conversa Marcos Pateiro, labrego con experiencia e amante do forestal. No teléfono, desde Paredes de Coura (Pt), veterinario, presidente da Aptran (Associação Portuguesa de Tração Animal) e director de benestar animal do Donkey Sanctuary. Eles cóntannos todo sobre un mundo apaixonante (e duro), nas que os seus animais son os seus "compañeiros" (Sabor, Lola, trigueña; 2 cabalos ardeneses e unha mula) Conservación, sustentabilidade, valor engadido... son algúns dos factores que vemos atrás duns traballos que, novamente, unen xentes fantásticas a norte e sur da Raia. Acabamos cun tema dos Kumpania Algazarra, "Olhó Burro". Que animalada!