24 April 2026
GLP- H&h's (Cap 44) Especial "A ferida aberta no 36" (Parte II): represión franquista, memoria e reparación na Raia
Galiportus
About
Hoxe desfrutamos da 2ª parte do episodio que realizamos conxuntamente coa Nuria López, xornalista e produtora do podcast de investigación "A ferida aberta do 36", un proxecto fantástico que busca darlle voz a persoas e colectivos que forman parte desa historia ligada aos anos de guerra civil, o franquismo e a reparación da memoria democrática. Co enfoque Galiportus, buscamos saber como foron aqueles anos na Raia, e que significou Portugal para millares de galegos que atravesaron e combateron o rexime na clandestinidade. Este programa colaborativo inclúe dúas novas entrevistas; por un lado, Margarita Ledo, catedrática de Comunicación Audiovisual e exiliada en Portugal no final do franquismo e xusto despois da Revolução dos Cravos, debido á súa militancia política no nacionalismo. Como recorda aqueles tempos de mudanza? E cal o rol daqueles activistas tan combatentes?
Por outro, falamos coa historiadora Raquel Varela e profesora na Univ. Nova de Lisboa, autora da "Historia popular da Revolução dos Cravos". Falamos con ela desa visión non tan analizada, o papel do pobo. A música do final deste programa tan especial, a cargo de Viviano: "Can de Palleiro".
A memoria é vida!