
About
Hoxe falamos da incríbel conexión existente entre Cabo Verde e Burela (Lugo, Galiza) O Mundial de fútbol deste verán 2026 visibilizou unha comunidade fantástica de caboverdianos que leva décadas convivindo exemplarmente na Mariña lucense. Logo do empate entre Cabo Verde e España (0-0), todos os focos viraron para Vozinha, porteiro do Chaves. Analizamos todo falando con diferentes protagonistas caboverdianos de Burela, o grande Bernardo Penabade e o director técnico do GD Chaves. Que marabilla!