O Teleclube 03x09: "Hamnet"
03 February 2026

O Teleclube 03x09: "Hamnet"

El Salto Radio

About
'O Teleclube' sométese a 'Hamnet', a película que ten a todo o mundo chorando mares

Chloé Zhao adapta o exitoso libro de Maggie O'Farrell sobre a vida da muller de Shakespeare, Agnes, e os seus fillos.

Despois de gañar un Oscar por 'Nomadland' e facer unha película de Marvel con 'Os Eternals', Chloé Zhao xúntase co productor Steven Spielberg e a autora Maggie O´Farrell e presenta unha película sobre o dó despois da perda dun fillo, e como a arte pode servir para precesalo e transformalo en algo catártico.

A alucinante Jessie Buckley é Agnes, unha curandeira espiritual e mística que fuxe das expectativas da sociedade. Casa cun novo William Shakespeare (Paul Mescal) e teñen unha familia pequena que será marcada pola traxedia.

Sairemos conmovidas por esta historia de amor e dor ou proclamaremos manipulación emocional como algúns críticos están facendo?

Escóitanos para averigualo!

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.