O Teleclube 03x08: "Top 10 Películas 2025"
20 January 2026

O Teleclube 03x08: "Top 10 Películas 2025"

El Salto Radio

About
'O Teleclube' arranca o ano coas listas de top 10 que celebran o mellor de 2025.

Presentamos as obras que máis nos impactaron o ano pasado. Estarás de acordo?

Foi un ano cheo de cine que emociona, conmove, e dá moito para pensar, conversar e debater. Viches todas as pelis que estás nas nosas listas? Falta algunha que che pareza imprescindible? Escollimos algunha que che deixo indiferente ou que directamente odiaches? Escóitanos e avísanos deixando a túa opinión nos comentarios!

Despedímonos doutro ano nas salas con moitas ganas de ver o que 2026 ten que ofrecer!

Vente con nós, un ano máis, a outra sesión de cine!

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.