
About
(02:53) Antonio Salas (IDIS-USC) preséntanos un estudo xenómico da poboación galega que analizou máis de mil xenomas completos. Os resultados confirman unha vez máis unha influencia xenética significativa do norte de África e Oriente Medio. A sorpresa xorde na datación, xa que é anterior ao período islámico. Ademais, a investigación amosa unha maior homoxeneidade xenética na Galicia actual do que se pensaba. (17:57) Efeméride do 5 de xullo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (19:17) Realizamos un faladoiro sobre comunicación social da ciencia cos asistentes ao obradoiro "Comunicar Ciencia na Radio": Diana Carolina Castro (IDIS), Narmeen Mallah (USC), Olalla Lorenzo (USC), Sandra Rego (CICA), Laura López Paz (CITMaga) e Julio Novoa (IGFAE). (42:43) Ángel Vidal preséntanos o seu monólogo "Meteogrilo" gañador do concurso de monólogos científicos "Ciencia Calidade". Conversamos tamén coa organizadora do concurso, Eva Cabanelas.