Ent. Casilda Alfaro, actriz | "As gardiás", de Teatro de Ningures
26 February 2026

Ent. Casilda Alfaro, actriz | "As gardiás", de Teatro de Ningures

Día a Día

About
Teatro de Ningures volve mañá venres ás 21 h ao Teatro Municipal de Tui. Presentará "As gardiás", unha obra que reflexiona sobre os coidados na vellez, contrastando o mundo das residencias co calor humano da familia e a comunidade.

Unha obra que recibiu o Premio da Crítica de Galicia 2025 na modalidade de Artes Escénicas.

Hoxe coñecemos máis sobre esta obra cunha das súas actrices, Casilda Alfaro.