Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Xogos Florais 2026
23 June 2026

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Xogos Florais 2026

Día a Día

About
Mañá cúmprense 135 anos da celebración en Tui dos Xogos Florais de Galicia. Un acto que marcou un fito para a nosa lingua xa que foi o primeiro acto público celebrado íntegramente en Galego. Foron tres días, do 24 ao 26, nos que o Teatro Principal acolleu este destacado evento.

Cada o Concello de Tui conmemora o aniversario dos Xogos Florais de Galicia pola súa importancia e transcendencia tal e coma hoxe explicaba a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

A cita mañá mércores será no Espazo Sociocultural, da rúa Camilo José Cela, con dobre proposta Ás 19 h terá lugar a presentación do libro “Tui, 1900-1936” de Bieito Alonso, Carlos Meixome e Xosé Ramón Paz Antón publicado pola Editorial Galaxia coa colaboración do Concello de Tui. Nesta presentación participará o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os autores e o director de Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo.

A continuación ás 20.30 h Cristal Méndez presentará “Medula”, un espectáculo de música e poesía.