Skip to content
Opens in a new window
Ent. Luis Muiño, psicoterapeuta e divulgador | Charla en Tomiño "Fai match coa túa saúde mental"
06 October 2026

Ent. Luis Muiño, psicoterapeuta e divulgador | Charla en Tomiño "Fai match coa túa saúde mental"

Día a Día

About
O psicoterapeuta e divulgador Luis Muiño ofrece hoxe martes a actividade "Fai Match coa túa saúde mental" no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, nunha iniciativa impulsada por Avelaíña Saúde Mental en colaboración co Concello de Tomiño.

Con motivo do Día da Saúde Mental, que este sábado día 10 se conmemora, alumnado do instituto tomiñés recibirá unha charla na que se abordarán cuestións para o benestar emocional, as relacións de apoio ou a importancia de pedir axuda.

Hoxe conversamos con Luis Muiño sobre a adolescencia, a saúde mental e un acto, para el, revolucionario: escoitar aos e ás adolescentes.