Ent. Beatriz Teijeira e Eva Acuña de Vontade - Campaña “Andamos coxos da linguaxe”
03 December 2025

Ent. Beatriz Teijeira e Eva Acuña de Vontade - Campaña “Andamos coxos da linguaxe”

Día a Día

About
“Andamos coxos da linguaxe” é o título da campaña que a asociación de persoas con discapacidade Vontade ten en marcha co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se conmemora hoxe. O seu obxectivo é sensibilizar e concienciar sobre a importancia do emprego dunha linguaxe inclusiva para frear os obstáculos que limitan a participación das persoas con discapacidade na comunidade.

Así nolo contaron Beatriz Teijeira e Eva Acuña de Vontade.