Palco de Estrelas 9-1-2026. Bombas exclusivas. 1ª xornada de votacións. As criticas de Martín de Loiba.Santiños.
10 January 2026

Palco de Estrelas 9-1-2026. Bombas exclusivas. 1ª xornada de votacións. As criticas de Martín de Loiba.Santiños.

Daniel Seijas Palco de Estrelas

About
Programa decano das orquestras galegas que se emite os venres dende setembro a xuño, e no verán os xoves á noite (sobre as 1 e pico da madrugada en Radio Valga,Radio Neria de Corcubión,Radio Roncudo de Corme,Radio Narcea de Cangas del Narcea,Nova Hit de Carballo...e tamén pola cadea de emisoras de Si Radio de Galicia.
Anunciamos bombas exclusivas...Anunciamos a fichaxe dun coñecido vocalista para Tattoo e quen seran os que o compoñan no 2026. A explosiva e chamativa incorporación na oficina de Clave de Fa. As primeiras votacións dos ointes para escoller a mellor orquestra e cantantes de Galicia 2025. Martín Cainzos fai un pormenorizado repaso, co seu estilo persoal, das formacións que estiveron nas festas de San Xulián de Loiba (Ortigueira)...Polemicas sobre palcos no inverno..Santiños (San Hilario, Santo Amaro, San Antón Abade)...e outras cousas... Pre-Palco de Estrelas con Origen 2025 e Post-Palco de Estrelas con Salsarena 2024...