Conversas na Ferrería #227: O metalcore de Brutal

Conversas na Ferrería #227: O metalcore de Brutal

00:26:24
Link

About this episode


Brutal Distracción foi unha banda pontevedresa xurdida a finais dos 80 que conseguiu facerse un oco no panorama nacional do hardcore naquel momento. José Antonio Antúnez, o bateria da actual formación, entrou a tocar para un concerto benéfico e este pódese dicir que é a ligazón entre a banda inicial, que acabaría disolvéndose e a actual Brutal que fai metalcore e integran tamén José Antonio Rodríguez e Isidro Otero nas guitarras, Adrián Martínez na voz e Charly Cabadas ao baixo.



A banda arrincou en 2013 e teñen publicado un ep, 'Amnesia' do 2014, e un elepé en 2019, 'Grita máis forte'. Agora, este 25 de novembro poñen á venda en formato físico outro elepé, '22820'.  Van ofrecer un concerto de presentación do disco. Será no Tronko Bar de Pontemuíños este sábado 25, a partir das 20.30 horas. A entrada é gratuíta, aínda que poñen algo así como unha fila cero, para que a asistencia colabore economicamente co que estime.



Foto: Mónica Patxot