Conversas na Ferrería #222: Relacións de parella. Avós e netos contrastan

Conversas na Ferrería #222: Relacións de parella. Avós e netos contrastan

01:00:15
Link

About this episode


Sentamos a dúas xeracións ante os micrófonos.. Dúas xeracións que se corresponderían coa duns avós e a dos seus netos que sentan a falar sobre relacións de parella. Dunha parte Carmen Lodeiros e Francisco Muíños, veciños de Poio, que este próximo xullo cumpren 51 anos de matrimonio. Doutra Alvaro Arosa e ela Carmen Maciñeiras, pontevedrés e viguesa, unha parella de 23 e 20 anos.



Convidámolos para falar de como cambiaron estas relacións afectivas e sexuais; desde a forma en que se coñecían, formalizábase a relación, formábase unha familia, ata como se desenvolve a convivencia.  Unha e outra parte escóitanse, pregúntanse, aconséllanse e interprétanse reciprocamente.



Foto: Mónica Patxot