Conversas na Ferrería #222: Mariscadoras no 8M

Conversas na Ferrería #222: Mariscadoras no 8M

00:35:45
Link

About this episode


Invitamos a tres mariscadoras da Confraría San Telmo que pertencen tamén á Asociación Cultural Mulleres Mar de Poio. Visibilizan, con motivo do 8M, unha profesión eminentemente exercida por elasLoli Balea Carballa vén precedida por mulleres mariscadoras na súa familia e as súas dúas fillas tamén o son. Laura Pérez Pousada leva catro anos mariscando e procede de familia mariñeira. Raquel Gómez Moreira é filla e neta de mariscadoras e suma xa unha década traballando na praia de Lourido.



Que consideración tíñase o pasado século da muller mariscadora e como é hoxe?, como cambiaron as súas condicións laborais?, teñen unhas coberturas sociais óptimas?, a súa representación nas confrarías correspóndese á súa capacidade de decisión?, son traballadoras autonómas, pero como concilian vida familiar e profesional?. Charlamos de cuestións como estas durante o programa.



Foto: Mónica Patxot.