Conversas na Ferrería #211: Galaico Sincro e un dúo mixto campión

Conversas na Ferrería #211: Galaico Sincro e un dúo mixto campión

00:34:55
Link

About this episode


O Club Galaico Sincro de Pontevedra concluirá en xullo a súa tempada máis difícil polo peche da piscina de Pontemuíños. Recapitulamos sobre este exercicio no que tamén conseguiron presentar un dúo mixto alevín a un campionato. Un logro pioneiro na natación sincronizada galega.



Falamos co presidente do Club, Pepé Maquieira; a directora técnicaDiana Fernández e tamén participan os dous protagonistas: Clara Maquieira e Iván González. Para Iván, de dez anos, este foi o seu primeiro ano na natación sincronizada; Clara, de doce anos, practica este deporte desde os cinco.



Abordamos ademais a presenza masculina na natación sincronizada e preguntamos polas súas perspectivas para a seguinte tempada.



Fotografía: Mónica Patxot.