
About
Este foi o episodio número 381 de "A fume de carozo", que se emitiu o 25 de novembro de 2025. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este episodio tratou sobre os Museos Científicos Coruñeses e varias expedicións que saíron da nosa cidade. Foi presentado polo seguinte alumnado de 1º Bacharelato: Iria Iglesias Lema, Lucía Seselle Guerrero, Carla Silva Fernández e Eva Veiguela Paz.