
15x4 Programa de Orientación Académica e Profesional sobre Dereito, Políticas e Relacións Internacionais
A fume de carozo
Este foi o episodio número 377 de "A fume de carozo", que se emitiu o 28 de outubro de 2025. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O episodio tratou sobre os graos universitarios de Dereito, Ciencias Políticas e Relacións Internacionais. Foi presentado polo seguinte alumnado de 2º Bacharelato: Mauro Balado Barreiro, Gabriel Barba Díaz, Sofía López del Castillo e Irene Míguez Varela.
O profesorado entrevistado foi:
- María Amparo Novo Vázquez, vicedecana de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.
- Xulio Xosé Ferreiro Baamonde, decano de Dereito da Universidade da Coruña.
- Laura Carballo Piñeiro, coordinadora do Grao de Relacións Internacionais no Campus de Ourense.
- Félix Puime Guillén, coordinador do Grao de Relacións Internacionais no Campus de Ferrol.