15x17 Programa de Orientación Académica e Profesional sobre Ciencias do Mar e Ciencias Ambientais
03 March 2026

15x17 Programa de Orientación Académica e Profesional sobre Ciencias do Mar e Ciencias Ambientais

A fume de carozo

About

Este foi o episodio número 390 de "A fume de carozo", que se emitiu o 3 de marzo de 2026. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.



O episodio tratou sobre os graos universitarios de Ciencias do Mar (campus de Vigo) e Ciencias Ambientais (campus de Ourense), ámbolos dous da Universidade de Vigo. Foi presentado polo seguinte alumnado de 2º Bacharelato: Sofía Franco Martínez, Antía Varela Blanco e Lucía Vázquez Porto.



As persoas entrevistadas foron:



- María Elsa Vázquez Otero, Decana da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.



- Fernando Rodríguez Rebelo, profesor da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, en representación do grao de Ciencias Ambientais.