
10 February 2026
15x15 Programa de Orientación Académica e Profesional sobre Enxeñería Naval, Náutica e Máquinas
A fume de carozo
About
Este foi o episodio número 388 de "A fume de carozo", que se emitiu o 10 de febreiro de 2026. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
O episodio tratou sobre os graos universitarios de Enxeñería Naval e Oceánica, e os que se imparten na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas. Foi presentado polo seguinte alumnado de 2º Bacharelato: Mauro Balado Barreiro, Gabriel Barba Díaz, Javier Navas Sóñora e Adrián Rico Sánchez.
As persoas entrevistadas foron:
- Manuel Romero Gómez, Director da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña.
- Alicia Munín Doce, Coordinadora do Grao de Enxeñería Naval e Oceánica no campus de Ferrol da Universidade da Coruña.